CON PILAR OZORES

Especial Día das Letras Galegas 17/05/2024

Programa especial co gallo do Día das Letras Galegas adicado a Luísa Villalta.

ondacero.es

A Coruña | 17.05.2024 14:47

Falamos co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, sobre Villalta e tamén sobre a situación do galego hoxe en día. Conectamos en directo co plenario da Academia desde o Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Coñecemos a iniciativa Aquí tamén se Fala, que comezou no IES Rafael Dieste da Coruña e xa se estendeu a máis de douscentos centros educativos. Buscamos a faceta máis persoal de Luísa Villalta falando c a súa irmá, Susana e co alcalde de Sada, Benito Portela, que foi alumno da escritora no IES Isaac Díaz Pardo. Reunimos a tres persoas nacidas fóra de Galicia que viven nesta comunidade e falan galego: Alexandra, de EEUU; Laura, de Italia; e José Javier, de Alacante. E rematamos con música. O violinista da OSG Florian Vlashi, que participou este xoves no concerto organizado polo Consello da Cultura Galega, interpreta en directo dúas pezas: unha de Bach e outra inspirada na obra de Villalta Concerto para un home só.