Galicia en la onda 25/07/2018

Galicia en la onda 25/07/2018

25 de xullo día de Galicia. Programación especial de Onda Cero Galicia para celebrar este sía de Galicia, no primeiro tramo repasamos o que está a acontecer en directo, dende os actos litúrxicos na catedral ate os máis reivindicativos e festivos que temos na rúa. Xa no segundo tramo recordamos tamén que teñen pasado cinco anos dende o accidente de tren en Angrois, sobre este e as súas consecuencias falamos co portavoz das vítimas, Jesus Domínguez. No día do Apóstolo a Catedral é un eixo central, por iso saudamos tamén a Daniel Lorenzo, Director da Fundación Catedral. Ademais coa Directora da Escola de Conservación e Restauración profundizamos no traballo de rehabilitación que se fixo do monumento. Un programa cheo de música e de eventos por facer que nos recordan os compañeiros de Onda Cero Galicia.

ondacero.es

|