17/05/2024
«A lingua galega está en situación de emerxencia lingüística»

- 11:25 MIN
«A lingua galega está en situación de emerxencia lingüística»
Centos de persoas volveron a percorrer as rúas de Santiago de Compostela, convocadas pola plataforma Queremos Galego, neste 17 de maio.
Desde a Mesa pola Normalización Lingüística, integrante da plataforma Queremos Galego, creen que aínda se está a tempo de reverter a situación, especialmente a baixada do uso do galego entre os máis novos, «se hai vontade política». Así o sinala Marcos Maceiras en entrevista en Onda Cero Galicia. Reivindica que se cumpra o Plan de Normalización Lingüistica aprobado hai 20 anos. «Non se deu ningunha acción relevante desde 2009», suliña o presidente da Mesa.
Maceiras lembra que se dirixiron ao novo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, para manter un primeiro contacto formal e afirma que aínda agardan resposta. Desde a Mesa pola Normalización Lingüística esperan que o novo departamento da Xunta «non fique só nun titular ou nun nome dunha Consellería».
Polo demais, Marcos Maceiras insiste na importancia de que se vaian dando pasos efectivos para que a lingua galega sexa declarada oficial na UE.



