02/03/2021

Galegas 8 M mantén as manifestacións

Mujeres protestan en México en el 8M
  • 00:25 MIN

Galegas 8 M mantén as manifestacións

mobilizacións

compartir
Galegas 8 M mantén as manifestacións

A Delegación do Goberno en Galicia recibiu 85 comunicacións de mobilizacións. Explicita que non constan informes sanitarios en contra da celebración.

Galegas 8 M mantén a convocatoria de manifestacións o vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller e chama a secundar unha folga da coidados 24 horas. Baixo o lema “Esenciais, precarizadas e fartas", o colectivo quere por en valor a precariedade laboral das mulleres e os coidados asumido durante a pandemia.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantén en Onda Cero que acudirá as manifestacións.

Nas manifestacions que sairán a partires das cinco da tarde, contarán cun servizo organizado para velar polo cumplimento das normas sanitarias.

Para o movemento feminista "non hai razóns" para que as mulleres non poidan estar nas rúas reivindicando coma o están a facer outros colectivos.

Temas

  • Onda Cero