Temas

xose leal

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (28-12-2017)

A actualidade do día está marcada polas negociacións do ERE presentado por Elnosa, falamos na primeira parte do programa co presidente do Comuté de Empresa, Avelino García. No tempo da entrevista conversamos co deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, sobre o futuro do Museo de Pontevedra que cumpre 90 anos este 30 de decembro. Como cada xoves, falamos de saúde: buscamos benestar, deporte e terapias na auga coñecendo un novo Wellness Club en Vilagarcía. Rematamos o programa marcando unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar deste xoves de Nadal

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (12-05-2017)

Esta semana viaxamos guiados polo primeiro mapa de Galicia elaborado por Domingo Fontán: o escritor Marcos Calveiro, autor da novela «Fontán» é o convidado no tempo da entrevista. A viaxe express lévanos a Vila de Cruces e, con Ana Otero, organizamos o mes de maio grazas aos seus «Murmullos entre maletas». Na axenda visitamos o Museo de Pontevedra para facer unha «visita cruzada» con Xosé Leal, deputado provincial de cultura.

Onda Cero Galicia-Programa especial desde Culturgal

Gente Viajera de Galicia (02-12-2016) Especial Culturgal dende Pontevedra

Este venres saímos dos estudio e visitamos o recinto Feiral de Pontevedra onde se celebra o CULTURGAL 2016.Esta ano é a novena edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia e entre música, libros,cine, teatro e arte viaxamos por toda Galicia.Conversamos co director da feira, Xose Manuel Aldea e co encargado do Restaurante Fogar de Santiso.Coñecemos de primeira man a cultura patrimonial da provincia de Pontevedra co deputado Xosé Leal e Anxos Riveiro, concelleira de Pontevedra profundiza na cultura do concello. A editorial galega de ámbito internacional Kalandraka preséntanos as súas novidades e rematamos con Francisco Gonzalez, presidente do Cluster Turismo de Galicia.