Temas

Fisterra

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (17-01-2020)

A viaxe deste venres comeza co habitual repaso pola actualidade antes de chegar ao primeiro destino express: Castro Caldelas e a súa festa dos Fachós. Por Galicia viaxamos seguindo unha ruta de murais pintados por Xoana Almar e Miguel Peralta de "Cestola na cachola". Falamos de turismo inclusivo con Xaime Toxo, pedagodo da Once e organizador dunha xornada de formación na Ribeira Sacra. Ademais, completamos a viaxe descansando en Fisterra no primeiro hotel literario de Galicia: "Bela Fisterra", onde nos recibe Pepe Formoso.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-02-2018)

O entroido guía parte da viaxe deste venres ao tempo que descubrimos a Galicia máis autentica con Cristina Collazo, co-fundadora de "Volta Montana". Buscamos unha experiencia de enoturismo visitando as adegas "Vía Romana" en Chantada. Para descansar escollemos Fisterra, aloxámonos nun hotel da natureza cunha atención 100% personalizada: "Mar da Ardora"

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 11-12-2015

Esta semana visitamos Ourense guiados polo seu alcalde, Jesús Vázquez, o noso convidado no tempo da entrevista. Repasamos a actualidade do sector turístico e coa nosa guía 4x4 facemos parada na Comarca de Quiroga coñecendo o seu patrimonio xeolóxico, comemos en Pontecesures na súa ruta de tapas da matanza, durmimos en Fisterra a pé da praia Langosteira no hotel con mellor reputación de Galicia segundo os usuarios de trivago.com. Ademais, como cada venres marcamos unha completa axenda para gozar da fin de semana