Temas

Beleza Vermella

Entre micros e libros

Arantza Portabales: "Coa dor da perda podemos vivir pero co peso da culpa é moi difícil"

Volvemos fusionar os micros de Onda Cero cos libros de Cronopios e o resultado é un novo encontro lector no que acabamos falando da vida porque dela están cheas as historias que escriben os nosos convidados. A de Arantza Portabales comeza cunha morte, a de Xiana Alén, pero a vida é a gran protagonista xunto con todos os sentimentos que nos fan estar vivos: o amor, o odio, a obsesión, o medo. Nesta novela, en "Beleza vermella", hai alguén que movido polos sentimentos toma a decisión de matar, ese alguén pode ser unha das seis persoas que na noite de San Xoán están na casa na que aparece o cadáver da moza de 15 anos sobre un enorme charco de sangue. A posta en escea é moi artística porque hai quen ve beleza en lugares raros como pode ser no sangue que emana dun corpo morto, sangue tan vermello como unha cunca de cereixas. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (17-06-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día nesta semana que comeza coa inauguración do edificio da Xunta rehabilitado en Benito Corbal. Buscamos a predicción metereolóxica e conversamos coa escritora Arantza Portabales nunha nova entrega de radio lectora desde Cronopios. Como cada luns, chega a información do motor con Abel Millán e Rubén Rey, e completamos o programa co ritmo de "Cántamo... en galego!"