A executiva provincial do psoe de Ourense celebrará esta tarde unha xuntanza extraordinaria para analizar de novo a crise municipal dentro do grupo municipal socialista e non se descarta que haxa algún tipo de medida ou pronunciamento. Mentres o secretario do psdg psoe, José Ramón Gómez Besteiro, que foi preguntado esta mañá polo conflcito dos socialistas ourensáns, sinalou que de momento non hai novidades e que de habelas serán comunicadas públicamente. Namentres está por saber tamén se o alcalde de Ourense, Agustín Fernández tomará medidas cos díscolos que se ausentaron da xunta de goberno e da xuntanza de grupo. Quenes sí se están a pronunciar son os veciños de Ourense. Unha veintena de asociacions ten previsto rexistrar este martes no Concello un escrito no que aseguran que a crise interna do grupo municipal socialista está a perxudicar á relación dos concelleiros cos veciñoos. No escrito amosan públicamente o apoio aos edis críticos e reclaman que se lle devolvan as competencias a Rodriguez Penín.