La Brújula de Galicia

30 artistas galegas unidas pola igualdade: "O Noso Canto"

Falamos no Compás Cultural de La Brújula de Galicia con Belém Tajes, creadora da composición O Noso Canto: todas xuntas resoamos máis fortes. Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Lucía Pérez, Yoly Saa, Sabela Ramil ou Caamaño&Ameixieras, entre outras, poñen voz e son a esta obra orixinal impulsada pola Xunta de Galicia para a campaña institucional do 8M

Marta Rodríguez

Santiago de Compostela |

Dúas cancións nun único sentir: a igualdade de xénero

Latexo está protagonizada por artistas emerxentes e sons de pop experimental, coas voces principais de Yoly Saa e Sabela Ramil, e na que participan de forma coral Nastashia Zürcher, Catuxa Salom, Carolina Rubirosa, Leticia Rey, Icía Varela, Sara Nebra, Claudia Abril, Ana Moas, Sara Gimeno. A elas súmanse as voces brancas de Amelia, Aitana, Aroa, Celtia, Grecia e María. Belém Tajes, a creadora da composición, participa tamén nos sintetizadores e recitado inicial.

Aperta conta coas voces consolidadas de Rosa Cedrón, Uxía Senlle e Lucía Pérez, e os sons de pop folk que lle proporcionan Caamaño&Ameixeiras (acordeón e violín), Bea Martínez (arpa céltica), Anaïs Barbier, María Jorge do grupo Caldo (pandeireta e violín) e catro das integrantes de Adufeiras de Salitre (Bea Mariño, Carolina Vázquez, Iria López e María Pardo).

O proxecto conta coa colaboración especial de Genara Méndez, unha das cantareiras de referencia da cultura tradicional galega, en representación de todas as mulleres que serán homenaxeadas o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Lanzamento o próximo 8M: “Todas xuntas resoamos máis forte”

O Noso Canto nace co obxectivo de converterse nun símbolo da unión interxeracional do feminismo e poderase escoitar ao completo en todas as plataformas a partir do vindeiro 8 de marzo.

Entre tanto xa se pode desfrutar dun adianto a través das redes sociais (@igualdadegalicia) e a páxina web onosocanto.gal, onde tamén están dispoñibles Latexo e Aperta, as dúas pezas que ao fusionarse conforman esta canción colectiva creada integramente por mulleres para toda a sociedade galega.