con Marta Rodríguez

Noticias Mediodía Galicia 22/10/2018

A Xunta de Galicia introducía na Lei de Acompañamento dos Orzamentos para 2019 un epígrafe no que vincula os pediatras de Atención Primaria aos hospitais, con mobilidade. A razón é que non se cubren as prazas de pediatras nos centros sanitarios. Unha medida contra a que xa se posicionou toda a profesión médica porque furta calidade asistencial aos nenos e nenas. Tras este posicionamento unánime dos médicos hoxe o Partido Popular mostrouse disposto a enmendar a Lei de Acompañamento dos Orzamentos para que a medida quede sen efecto.

ondacero.es

|