Más de Uno Pontevedra (27-11-2019)
Comezamos o programa coa actualidade do día, falando de dereitos laborais cos expertos de "María Cobián y Asociados", e apuntándonos á compostaxe co programa "Revitaliza" da Deputación de Pontevedra. Visítanos o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís e, como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos pontevedreses: Carme Fouces, concelleira de Persoal e Cultura en Pontevedra, é hoxe a convidada. Completamos o programa coa visita de Rena Ortega para rematar entre dúas augas.