Pontevedra en la Onda (26-04-2017)
Nova traxedia no mar: tres vítimas mortais na Ría de Pontevedra. O naufraxio do "Novo Marcos" centra hoxe o noso programa. Volve visitarnos María Cobián, desde "María Cobián y Asociados" para preparar a campaña da declaración da renda 2016. No tempo da entrevista o escritor e xornalista Sergio del Molino preséntanos "La España Vacía", o seu último traballo co que xa vendeu máis de 60.000 exemplares. O emprendemento e a internacionalización son dous dos obxectivos do Consorcio Zona Franca de Vigo e deles falamos coa súa presidenta, Teresa Pedrosa. Pechamos o programa en conta atrás para o Galegote ROCK escoitando a música de Güintervan.