Pontevedra en la Onda (14-02-2019)
Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. Falamos de viticultura cos expertos do Consello Regulador da DO Rías Baixas e cumprimos co noso reto de febreiro "20 días, 20 entroidos": Poio é hoxe o destino. Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto e falamos de saúde como anticipo a unha nova charla do ciclo "Sen cita previa".