Pontevedra en la Onda (03-05-2018)
A actualidade do día e a predicción metereolóxica centran a nosa atención na primeira parte do programa. Conversamos coa xornalista e guionista pontevedresa, Diana López, que este sábado estrea na Sala Karma a súa primeira curtametraxe: "Feminazi". Como cada xoves, abrimos espazo de saúde, hoxe convidamos ao doutor Jesús López Bande, especialista en nutrición, medicina biolóxica e envellecemento saudable. Rematamos o programa con Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.