Samantha Hudson será unha das catro presentadoras

Pontevedra activa a conta atrás para os Premios Feroz 2026

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, anuncia en Tenerife que as actividades paralelas comezan en setembro e a gala celebrarase o 24 de xaneiro

Susana Pedreira

Pontevedra |

A vindeira gala dos Feroz celebrarase en Pontevedra o 24 de Xaneiro do 2026. É a data que queda fixada no calendario, confirmada pola presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España, María Guerra, durante a súa comparecencia co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores desde o TEA (Tenerife Espazo Artístico), espazo que acolle o Festival Lo que viene, organizado pola nomeada asociación.

O anuncio da data non chega en solitario, faino da man tamén doutro anuncio de relevancia, como é a confirmación da primeira presentadora que participará na gala pontevedresa, que non será outra que Samantha Hudson. É o primeiro dos catro nomes que o pública poderá ver no escenario. Queda pendente coñecer aos outros/as tres. O rexedor explicou que o obxectivo común e realizar unha gala aínda mellor ca do ano pasado, que gozou dun éxito superlativo, tal e como sinalan as cifras que compartiu María Guerra, con máis de 1.000 convidados durante a cerimonia, e unhas 1.100 persoas de público no Pazo da Cultura.

Client Challenge

Fernández Lores destacou a boa relación que a organización dos premios mantén coa cidade, que viu as actividades culturais previas á gala cheas de xente, amosando a disposición da cidade a gozar do audiovisual en todas as súas formas.