Xunta de Galicia

Pontevedra acollerá unha xornada sobre a historia e a rehabilitación do Pazo de Lourizán

Celebrarase o vindeiro venres 21 de novembro no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, no Campus Universitario da Xunqueira

Susana Pedreira

Pontevedra |

Celebrarase o vindeiro venres 21 de novembro no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, no Campus Universitario da Xunqueira
Pontevedra acollerá unha xornada sobre a historia e a rehabilitación do Pazo de Lourizán | Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), organiza este venres 21 de novembro unha xornada na que diferentes expertos falarán sobre a historia e o proceso de rehabilitación do Pazo de Lourizán.

O encontro celebrarase no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, no Campus Universitario da Xunqueira, e contará coa participación, entre outros, da arquitecta do estudo responsable das obras de remodelación do pazo, Carme Pinós, da UTE Pinós-Enrich, quen exporá o proxecto básico e os cambios de uso na finca de Lourizán.

Haberá, tamén, unha mesa redonda onde se abordará a historia e a importancia do pazo desde diferentes perspectivas, coas intervencións do catedrático de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares Paz, xunto co director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Enrique Martínez Chamorro, a directora de Promoción da Axencia Turismo de Galicia, Carmen Pita Urgoiti, e técnicos do CIS-Madeira. Clausurará a xornada o director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos.

O encontro celebrarase en horario de 11,00 a 13,45 e será con entrada gratuíta ata completar o aforo. As inscricións poden facerse no seguinte enlace: https://apunta.xunta.gal/gl/form/rehabilitacion-finca-lourizan.