Cerimonia o 20 de xaneiro

Polo Correo do Vento e Fernando Pintos, premios Cidade de Pontevedra

A Boa Vila homenaxeará o 20 de xaneiro, San Sebastián, a Fernando Pintos e a Polo Correo do Vento, gañadores nas categorias de persoa física e persoa xurídica, respectivamente.

Susana Pedreira

Pontevedra |

 A Boa Vila homenaxeará o 20 de xaneiro, San Sebastián, a Fernando Pintos e a Polo Correo do Vento
Polo Correo do Vento e Fernando Pintos, premios Cidade de Pontevedra | Concello de Pontevedra

O xurado escolleu por consenso e unanimidade ambas categorías: na categoría de persoa física ao veciño de Salcedo e presidente da súa comunidade de Montes até este 2026, Fernando Pintos. Na categoría xurídica, ao colectivo artístico Polo Correo do Vento creado por Kike Taboada e Carlos Mauricio.

Fernando Pintos exerceu como presidente da Comunidade de Montes de Salcedo até o pasado ano. O concelleiro de Cultura , Demetrio Gómez, destacou a súa figura como un defensor incansábel dos dereitos do monte e da parroquia, un home que loitou contra as expropiacións de facto do monte comunal e que velou sempre polo patrimonio histórico, etnográfico e cultural desta parroquia.

Doutra banda, Polo Correo do Vento vén amosando desde a súa creacionista unha excelencia artística recoñecida e recoñecíbel, así como un compromiso coa cultura galega e pontevedresa. Gómez expresou o seu orgullo por este proxecto nado en Pontevedra, que destaca pola súa capacidade creativa excepcional e polo seu foco no público infantil con materiais de extraordinaria calidade. A distinción recoñece o labor de Polo Correo do Vento na defensa e recuperación da cultura e o patrimonio galego.

Client Challenge

Este proxecto, impulsado por Quique Mauricio e Carlos Taboada, recibe o galardón nun momento especialmente emotivo tralo recente falecemento de Taboada. Gómez cualificou esta perda como "inmensa para a cultura galega e pontevedresa" e sinalou que para o Concello é un orgullo e unha honra poder outorgar este premio neste ano. Cómpre lembrar que o xurado dos premios Cidade de Pontevedra está integrado por representantes dos tres grupos políticos da corporación, así como de entidades veciñais, de sectores sociais e dos medios de comunicación. A cerimonia de entrega dos premios Cidade de Pontevedra levarase a cabo o vindeiro martes, día 20 de xaneiro, na Casa Consistorial, ás 13.00h.