Cultura do mar

O libro das luces da ría de Pontevedra xa está disponible na Biblioteca Pública do concello de Marín

A alcaldesa, María Ramallo, recibiu aos autores de “Rojo a Babor: historia de las luces de la Ría de Pontevedra”, Enrique Abati e María Eyo, e ao presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, que edita o libro.

Redacción

Pontevedra |

A alcaldesa recibiu aos autores do libro “Rojo a Babor: historia de las luces de la Ría de Pontevedra”.
María Ramallo, alcaldesa de Marín | Onda Cero Pontevedra

A publicación do mesmo nace como homenaxe ao Faro de Ons, do que este ano cúmprese o centenario da posta en marcha da súa lanterna, e supón unha exhaustiva investgación sobre a historia dos sinais marítimos da Ría de Pontevedra.

Por primeira vez, recóllense nun libro os detalles e historia de cada unha das sinais que axudan á navegación na ría, desde os faros de Ons e Tambo ata as pequeñas luces dos peiraos dos distintos portos, desde Aldán ata O Grove, pasando polas torres baliza que encauzan as canles seguras para as rutas marítimas no interior da Ría.

Enrique Abati foi primeiro farero e logo Responsable do Servizo de Sinais Marítimos da Autoridade Portuaria ata a súa recente xubilación e María Eyo é a Xefa da División de Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa da Autoridade Portuaria. Ambos foron tamén autores o pasado ano doutra publicación de divulgación patrimonial: “Ons, a memoria do faro”, na que se fai un percorrido a modo de inventario de pezas históricas vinculadas á sinalización e seguridade marítima.