O futuro das cidades

O éxito do modelo urbano de Pontevedra ao trasluz dos arquitectos galegos

O concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera, expon o caso de éxito da cidade, da súa transformación urbana, mobilidade sustentable e da calidade do seu espazo público

Redacción

Pontevedra |

Transformación urbana de Pontevedra
Colexio Arquitectos Galicia | Onda cero Pontevedra

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia deu inicio a un ciclo de conferencias titulado “Procesos de transformación urbana”, a raíz do concurso do Conector Central de Santiago de Compostela, recentemente anunciado.

Segundo explica o COAG Santiago, este ciclo de charlas pretende ser un espazo de reflexión e debate sobre experiencias transformadoras similares e as circunstancias que xorden entorno a estas dinámicas de cambio. Sinala que se trata de procesos de longo prazo e enorme complexidade, que requiren da participación e da complicidade de todos os axentes que sexan representativos do tecido social da cidade.

A primeira das charlas celebrase este martes (4 de novembro) na sede de Afundación. Estará impartida por César Mosquera, concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra.

Client Challenge

Nesta conferencia aborda o caso de éxito da cidade de Pontevedra, recoñecida internacionalmente pola súa transformación urbana, a mellora da mobilidade sustentable e a calidade do espazo público. Durante a sesión, analiza as estratexias, proxectos e resultados que fixeron posible esta transformación, ofrecendo unha perspectiva práctica e inspiradora que poderá servir como referencia para futuros procesos de transformación urbana en Santiago.