Onda Cero Pontevedra

Mas de Uno Pontevedra (22-11-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día, marcada pola presentación dunha nova edición de Culturgal, e resumindo as principais noticias da semana que hoxe despedimos. Visítanos a mestra e escritora Carmen Quinteiro nunha nova edición de "Venres de conto", buscamos a previsión metereolóxica e marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana.