Pontevedra en la Onda

Editorial - Un ano de Clesa sen novas

Mutismo entre os traballadores e ex empregados da fábrica de Clesa en Caldas de Reis: os administradores concursais incumpriron o prazo prometido para dar unha resposta definitiva sobre o futuro da planta de Saiar: pasou a 1ª quincena de xaneiro – hoxe dia 17 – e non hai unha resposta oficial sobre se aceptan a oferta de Feiraco ou ordenan a liquidación, peche e despido dos 50 traballadores que quedan en plantilla….

ondacero.es

Pontevedra | 01.01.1970 00:59

Outros 90 xa quedaron no camiño desta loita que ten xa case un ano de historia… Mutismo entre os traballadores que nuns minutos: á 1 do mediodía se reúnen non marco da comisión e seguimento, integrada tamén por políticos caldenses, para exponer a información da que disponen neste momento… información que de momento non quixeron compartir con nós… a súa decisión e falala en familia… entre os que sufren e padecen a incertidume laboral… antes de expoñela aos medios e por ende a todos vostedes… entendémolo…

E pendentes estaremos de se esa reunión da 1 remata no anuncio de novas acción de loita (tal e como prometeron se os administradores incumprían a promesa de decidirse antes do 15 deste mes, promesa xa incumprida) ou se desa reunión da 1 sae o anuncio sobre o futuro de Clesa: que tan só ten dúas posibilidades: ou os administradores a deixan en mans de Feiraco e a empresa galega comeza a pilotar o seu futuro e o seu buraco financiero, ou os administradores ordenan a liquidación, o peche e o punto e final dunha historia con moitos actores que se resume en mala xestión dos propietarios (familia Ruiz Mateos) cun efecto bolboreta que repercute en 150 familias pontevedresas…

E un ano despois, aquí estamos sen poder contarlles nada novo