A última e marchamos

O valor da memoria e o simbolismo dos vagalumes

"A árbore dos vagalumes” é o novo libro da pontevedresa Xulia María Barros, escritora e terapeuta coa que hoxe tomamos a última no programa

Lorena Páramo

Pontevedra | (Publicado 03.12.2020 14:43 )

Cada xoves tomamos a última antes de marchas con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Xulia María Barros, escritora e terapeuta. "A árbore dos vagalumes” é o seu último libro, un conto que fala da memoria, da colectiva e da individual, do sentido das nosas vidas e da importancia dos afectos. A súa autora Xulia Maria ambienta a historia na ría de Vigo, cun rapaz protagonista fascinado pola sabedoría do seu avó. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".