Pontevedra en la Onda (16/01/13)
A polémica lingüística en Vilagarcía de Arousa pola tradución da peza musical "Os heroes do Orzán" centra boa parte da nosa atención no programa de hoxe: damos voz a goberno local, oposición e Mesa pola Normalización Lingüística. A Rúa Responde sobre a intención da Deputación de instalar badéns nas estradas da súa titularidade. Ademáis, como cada mércores conectámonos co noso Campus Universitario para coñecer todas as novidades, e rematamos falando en materia de cooperación e solidariedade para escoitar as reivindicacións dos ciclistas pontevedreses que este domingo organizan unha marcha en Bueu en memoria do falecido Cristobal Hermida, presidente do Clube Ciclista de Bueu que foi atropelado por un camión na autovía de Marín.