As consecuencias das choivas e ventos dos últimos días no mar e no campo centran a nosa atención no inicio do programa, ademais de falar con meteogalicia para coñecer as características das "cicloxéneses" que chegarán a Galicia os vindeiros días. Continuamos a nosa xira radiofónica polas escolas deportivas municipais e recalamos hoxe na de ximnasia rítmica e acrobática que coordina o Clube Treboada no Pavillón Municipal de Pontevedra. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS Universitario para coñecer as novidades da semana, e rematamos falando de COOPERACIÓN & SOLIDARIEDADE coñecendo a "Marcha sobre rodas Aspace" que acollerá Pontevedra neste Ano Galego da Parálise cerebral
Pontevedra en la Onda (05/02/13)