Máis de Un Pontevedra

Pontenciencia: o CEIP Xeve e a CFEA Lourizán en loita contra as especies exóticas invasoras.

Falamos de ciencia con Saleta González, responsable técnica de Pontenciencia, e Margarita Lema, investigadora na Misión biolóxica de Galicia. Hoxe coñecemos os problemas que ocasionan as especies invasoras e o traballo de investigación que están facendo o CEIP Xeve e a Escola de Capataces Forestais de Lourizán.

Redacción

Pontevedra | 13.03.2024 15:12

Cada mes coñecemos actividades e profesionais relacionados con Pontenciencia, un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".