Con Pedro Feijoó comezamos en maio de 2012 a celebrar encontros literarios entre micros e libros e agora, dous anos despois, o recibimos con novo traballo baixo o brazo: "A memoria da choiva". Unha novela na que o autor xoga coa cultura galega porque defende que é nosa e podemos permitirnos xogar con ela. A figura de Rosalía de Castro escenifica na novela a "escuridade" á que algunhas "mafias culturais" someteron aos creadores de cultura e coñecemento en Galicia, construíndo mitos alonxados do pobo e impoñendo interpretacións da súa vida e obra. Pedro Feijoó crea a Adriano para derrubar esa escuridade rosaliana e sacar á luz a realidade dos seus versos. Iso si... os métodos de Adriano son sanguentos de máis, Pedro - de momento - defende unha cultura para todos a través da palabra e a escrita, o dos crimes é cousa de ficción. A entrevista déixanos tamén o adianto do que será a nova novela na que xa está a traballar: unha comedia que agarda publicar na primavera de 2015.
"Nas liortas por ver quen é capaz de impoñer o xeito de entender a nosa cultura as vítimas somos nós, os cidadáns"