Máis de Un Pontevedra

As mulleres deportistas de Poio protagonizan o novo faladoiro “A Forza das Mulleres"

Conversamos coa concelleira Silvia Díaz e con Lorena Nieto, xogadora de kayak polo e integrante do equipo nacional Sub21 femenino. É unha das mulleres que protagonizará o novo faladoiro este xoves 3 de xuño ás 17.00 horas.

Redacción

Pontevedra | 28.05.2021 14:52

Os faladoiros "A Forza das Mulleres" están organizados pola concellaría de igualdade do Concello de Poio, un espazo para compartir experiencias e coñecemento entre as mulleres da vila. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira no programa "Máis de Un Pontevedra".