Miguelanxo Prado: "O neno que levo dentro está xa moi maleado, por iso me resulta complicado ilustrar para o público infantil"

O ilustrador, debuxante e creador de banda deseñada estivo con nós e os seus seguidores en Cronopios presentando os seus últimos traballos para público infantil e adulto. Con Miguelanxo Prado falamos de "O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba" (El Patito Editorial), un conto clásico con textos de David Aceituno que supuxo un "aire fresco" para o ilustrador despois de traballos tan intimistas como "De Profundis" ou "Ardalén". Confesa Miguelanxo que se el puidese ter o don máxico do dragón e esbirrar para cambiar de conto, escaparía do "sinsentido" social, político e económico no que estamos inmersos desde hai dez anos. Ademais, o debuxante galego contounos que está ultimando un novo traballo que agarda poder publicar en abril de 2015: unha novela policíaca titulada "Presas fáciles" en torno á estafa das preferentes e inspirada en todas as tramas que nos últimos meses veñen marcando a actualidade

ondacero.es

| 05.11.2014 10:26