A velada xa ten entradas á venda por 15 euros -en La Vieja Escuela de Vigo - e conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Deporte Galego. Este evento quere visibilizar e empoderar as mulleres no mundo do boxeo, unha disciplina na que a súa presenza segue a ser minoritaria, e crear unha comunidade diversa, forte e acolledora que reivindique o boxeo como espazo de igualdade, forza e autoestima. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en Onda Cero Pontevedra.