PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 12/04/2023

Pendentes do novo intento por desconvocar a folga dos traballadores do consorcio provincial de bombeiros en Pontevedra. Hoxe, na Deputación, os profesionais manteñen unha reunión. Á marxe deste conflito prestamos atención á decisión do Parlamento de Galicia, dos tres grupos políticos (PP, BNG y PSdeG), de solicitar a transferencia da AP-9. Falamos deste tema co portavoz dos nacionalistas en infraestruturas, Luís Bará. Ademais, analizamos o rexurdir do tráfico e consumo de heroína coa FGCN. Repasamos as cifras de peregrinos no Camiño Portugués a Santiago en Semana Santa. E, ao peche, lembramos a ampliación das visitas á Illa de Tambo. O concelleiro de Poio, Greogrio Agís, fai de guía por este espazo natural.

Redacción

Pontevedra | 12.04.2023 14:33