Louro: “Os orzamentos para 2014 non son os do PSdG”

O mesmo día no que a xunta de goberno local deu luz verde aos orzamentos para 2014, Louro recoñece que son froito de meses de negociacións pero afirma que “non son os orzamentos do PSdG”. O tenente de alcalde admite “discrepancias a todos os niveis” co BNG como socio de goberno e defende que esta experiencia de bipartito debe servir para aprender de cara á vindeira cita electoral. Ademais, Louro acusa ao BNG de estar improvisando coa Ponte da Barca, e entende que despois de 2 anos de "inacción" no desenvolvemento do PXOM "chegou a hora de que esa competencia pase a mans socialistas".

ondacero.es

| 09.12.2013 15:09