Proyectos de futuro

Jorge Cubela: "a reforma dos baños de San Xusto son un atractivo turístico inmellorable"

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, unha entrevista, asegura que o investimento da Xunta por recuperar un elemento do patrimonio do concello terá un retorno económico importante.

Redacción

Pontevedra | 29.04.2021 14:23

Continua a estreita colaboración entre concello de Cerdedo-Cotobade e a Xunta de Galicia. Hai uns días, a reforma dos baños de Xusto, cun notable investimento da administración autonómica, daba unha alegría aos veciños do municipio pola súa recuperación e posta en servizo en cuestión de meses.

A maiores, este xoves, ambas as administracións alcanzaban un acordo coa vicepresidencia da Xunta de Galicia para seguir inxectando vitaminas á economía local. Esta mañá, o alcalde Jorge Cubela asinaba un convenio de colaboración de 35.000 euros o vicepresidente Alfonso Rueda coa finalidade de reforzar as liñas de axudas.

O rexedor asegurou que esta clase de apoios seguirán sendo unha constante mentres a tesourería do concello e as transferencias doutras administracións continúen. Nunha entrevista analizamos as últimas novas do municipio.