Cada xoves tomamos a última e marchamos con persoas que nos falan dos seus proxectos. Unha conversa coloquial e distendida á marxe da actualidade diaria. A protagonista da última de hoxe é Eva Mejuto, xornalista, escritora e xestora cultural. Con ela falamos do seu novo libro e do obradoiro virtual de escrita que impartirá a partir da semana que vén da man da Biblioteca Pública de Pontevedra. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Máis de Un Pontevedra".