"Aulas galegas" en rede para combater o illamento con recursos educativos
Coñecemos un novo portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores que cren que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade. "Aulas galegas" nace para axudar ao alumnado, ás familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Anxos Rial, mestra do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e impulsora do portal educativo na rede www.aulasgalegas.org