Antón Losada: "Na esquerda e na dereita hai moita xente que non cre no público"

Profesor universitario de ciencias políticas, doutor europeo en dereito e analista político en medios de comunicación, Antón Losada cóntanos no seu último libro unha historia de piratas, e corsarios, saqueos e tesouros que salvagardar, pero "Piratas de lo público" non é unha novela de aventuras senón a nosa historia presente e pasada e os augurios de futuro desde o punto de vista dun home de esquerdas e defensor dun Estado de Benestar público polo que librar a batalla contra o saqueo pirata. Co noso convidado analizamos tamén a actualidade política, económica e social actual con críticas ao goberno pero tamén á esquerda que aspira a recuperar o poder porque para Antón Losada un dos grandes problemas actuais en España é que a cidadanía "non ve alternativa entre os partidos políticos con opcións de gobernar"

ondacero.es

| 04.02.2014 15:18