Xunta de Galicia

A Xunta detiña 1,5 millóns en Ourense a eficiencia enerxética

15 concellos da provincia beneficiados

Paco Sarria

Ourense |

A Xunta detiña 1,5 millóns en Ourense a eficiencia enerxética
A Xunta detiña 1,5 millóns en Ourense a eficiencia enerxética | onda cero ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, puxo en valor as axudas do Goberno galego de preto de 1,5M€ a 15 concellos da provincia de Ourense para obras de eficiencia enerxética nas infraestruturas vinculadas a servizos municipais.

Así o fixo esta mañá na súa visita ao concello de Baños de Molgas, onde, acompañado do alcalde, Manuel Ángel Fernández, supervisou as obras de mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais no edificio que acolle o Centro de Saúde e Protección Civil, nas que Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes inviste máis de 115.000 euros, repartidos en dúas anualidades (2024/2025), cofinanciados con fondos Feder.