1200 camións de zahorra sepultarán a superficie do vertedeiro de A Rúa, incendiado na vaga de lumes de agosto.
Un par de palas esparcen o material sobre unha superficie de desfeitos fumeantes de 1,4 hectáreas de residuos textiles e plásticos procedentes da fabricación de moqueta antitérmica para automóviles da empresa Autoneum que tamén ardeu no lume comezado en Larouco.
Tragsa foi a empresa encargada pola Deputación.
Dende a Alcaldía ruesa reclaman que a Xunta se faga cargo dos gastos como tamén demanda o BNG pero para a Xunta trátase dunha competencia municipal.

