Municipal

Verín recibe unha camisola asinada polo mítico Pelé

Simboliza a unión da vila co astro brasileiro

Paco Sarria

Ourense |

Verín recibe unha camisola asinada polo mítico Pelé
Verín recibe unha camisola asinada polo mítico Pelé | onda cero ourense

O Concello de Verín acolleu este pasado venres, no Salón de Actos da Casa da Cultura, un acto histórico de recoñecemento a Edson Arantes do Nascimento “Pelé”, o considerado mellor futbolista de todos os tempos. Durante o evento, José “Pepito” Fornos —mánager e home de confianza do astro brasileiro durante máis de cincuenta anos— fixo entrega ao Verín F.C. da camisola oficial da Selección Brasileira asinada e adicada polo propio Pelé, un agasallo cargado de simbolismo que representa a unión entre o “rei do fútbol”, o deporte galego e a vila de Verín.

O encontro contou coa presenza do alcalde, Gerardo Seoane, quen participou xunto ao Verín Fútbol Club neste acto de amizade e recoñecemento, e que subliñou a relevancia deste momento para a historia deportiva e cultural da vila.

En representación da entidade deportiva estivo presente o vicepresidente do club, Víctor Baladrón, quen agradeceu o detalle e entregou a José “Pepito” Fornos unha camisola oficial do Verín F.C. Tamén se lle entregou unha placa conmemorativa, como recordo e agradecemento pola súa visita e pola súa xenerosidade ao compartir un anaco da historia do fútbol mundial con Verín.