Dende o día 22 de Abril, a aula CeMIT do Concello de Celanova impartiu dúas actividades formativas para a maiores de 60 anos, na que participaron 36 persoas e nos ensinaron que non existe idade para usar as novas tecnoloxías, como pórse o día cos seus Smartphones.
O obxectivo desta iniciativa é acercar a tecnoloxía móbil, en especial ás persoas maiores, apoiando a súa autonomía persoal e integración dixital. Nas primeiras sesións explícanselle o funcionamento básico dos teléfonos intelixentes, como o funcionamento dos botóns externos, a pantalla e os súas iconas, gardar un número de teléfono na axenda, chamar e recibir chamadas, a cámara de fotos e vídeos e a xestión das mesmas.
E nas seguintes xa se explica o acceso a Rede, as principais aplicacións como o “WhatsApp”, a ferramenta máis utilizada para estar en contacto con familiares e amigos; cómo descargar aplicacións e desinstalalas, consultar información de interese como o tempo, de ocio, periódicos dixitais, pedir cita o médico, correo electrónico.... sen esquecemos das pautas nun uso seguro dos dispositivos