Un 10% da superficie total da provincia de Ourense foi pasto das lapas e un tercio de esa superficie será irrecuperable.
Son de momento 73.500 hectáreas ardidas.
Temos ademáis 3 dos principais lumes rexistrados en Galicia ó longo da historia.
O primeiro lugar deste desafortunado ranking está o comezado en Larouco e que afecta á bisbarra valdeorresa e tamén ó concello lucense de Quiroga e onde van ardidas 18 mil hectáreas.
En segundo lugar o lume do macizo central comezado en Chandrexa de Queixa e onde van ardidas 17.500 hectáreas.
E en terceiro lugar o comezado en Oimbra que afecta a Xinzo e concellos do Val de Monterrei onde suman 15 mil hectáreas.
Son en total nove lumes activos polo que hai que engadir o de A Mezquita con 10 mil hectáreas, o de Maceda con outras 3500 hectáreas ardidas. Mesma superficie que a ardida no lume comezado en Carballeda de Avia e que afecta a outros concellos do Ribeiro.
E a todos eles engadir os 3 de Vilardevós que suman 1500 hectáreas.

