Novo caso de violencia machista en Ourense. Nesta ocasión foi en Verin onde unha muller de 35 anos recibíu dous disparos de arma curta (un no brazo e outro no peito) por parte da súa ex parella.
O agresor estaba na rúa primeiro de Maio e ela, supostamente asomada a unha fiestra dun segundo piso, onde queraron as marcas dos balazos.
A muller, que estaba no sistema Viogén “con risco non apreciado”, foi trasladada en estado moi grave ó hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, mentres que o agresor entregouse tras darse á fuga e previa mediación da familia.
Dende abril van rexistrados en Ourense 3 casos de violencia de xénero, con unha falecida e dúas feridas de gravidade.
