O infortunio aliouse para provocar dúas mortes nun sinistro vial ocorrido na noite de onte na estrada que comunica Mugueimes con Calvos de Randín á altura do concello de Muíños, cando o conductor dun vehículo mixto impactou contra un turismo conducido por unha veciña de Requiás, de 51 anos, que resultou falecida.
Foi unha invasión de carril por parte do conductor do vehículo mixto que resultou ferido leve, sendo trasladado ó CHUO. Practicadas as probas de alcohol e drogas deu positivo na alcoholemia e este conductor de 40 anos e veciño de Calvos de Randín era detido pola garda civil a primeira hora da tarde acusado dun presunto delicto de homicidio por imprudencia grave e outro por conducir baixo os efectos do alcohol.
Pouco despois do sinistro acudía ó lugar a sua parella ó non conseguir comunicar con ela e falecendo pouco despois de indispoñerrse debido a unha afección cardíaca.
Instrúe dilixencias o xulgado de Bande.

