Comezou na Audiencia Provincial de Ourense o xuizo pola suposta falsificación de facturas no denominado "Caso Ucosa" que se remonta ao ano 2003 na etapa de construcción do Centro Comercial Pontevella. En total serían un 1,7 millóns de euros dos que uns 228.000 se corresponderían co ive non declarado ante o ministerio de facenda. No caso están imputados dous empresarios vigueses e un ourensán, Oscar Sánchez daquela presidente da unión de comerciantes ourensáns -UCOSA- que foran denunciados polos ex socios tras ter coñecemento dunha investigación tributaria por supostas facturas falsas de obras . A investigación revelou que algunhas das empresas a nome das que se emitiron ate 13 facturas estaban inactivas ou eran fantasma. Ademáis outras coma a denominada "Camelot" nen sequera tiñan existencia xurídica. A fiscalía impútalle un presunto delicto continuidado de falsedade mercantil e de apropiación indebida e solicita para os tres acusados e reclama penas de 5 anos de cadea e multas de ate 11 meses a razón e vinte euros por dia para cada un deles. Ademáis ao ex presidente de UCOSA, Óscar Sánchez que xa tivera que dimitir do cargo a raíz da denuncia dos comerciantes, se lle imputan dous delictos contra a facenda pública polos lle piden 3 anos de cadea e multa de 1,7 millons de euros. Os acusados deberían tamen segundo o escrito da fiscalía indeminizar a ucosa con 1,6 millons de euros e padar a facenda o ive pendente.