Tres detidos por asaltar encarapuchados a unha muller
A policía detivo en Ourense a 3 persoas como presuntas autoras de un roubo con violencia e intimidación o pasado 27 de novembro. Os detidos están acusados de asaltar e maniatar á sua víctima (unha muller)cando accedía á sua vivenda. Agardábana ocultos no rechán da escaleira. Unha vez dentro do piso rexistraron o inmoble para conseguir levarse unhas poucas xoias, despois de deixar á muller inmobilizada con bridas. Trátase de dous colombianos e un español, de entre 34 e 22 anos e con antecedentes.