Os gandeiros e agricultores que protestan dende finais de ano cos seus tractores na cidade por unha mellor política agraria común marcharon insatisfeitos da reunión do delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco e despois de varias horas.
Anque desbloquearon a porta de acceso ó edificio da Subdelegación, din que manterán as protestas alomenos ata o vindeiro día 12.
Un dos voceiros dos gandeiros, Miguel Gómez, explicou a Onda Cero que están fartos de que as diferentes administracións se pasen a pelota.

