A Asociación Veciñal As Termas logrou que tras máis dun ano pedindo solucións ao problema das ratas no entorno da estación de autobuses e da praza 200, o Concello de Ourense poña en marcha un “plan de choque”. Segundo informou o colectivo veciñal onte mesmo se iniciaron os traballos co precintado das zonas verdes próximas ás vivendas sociais e á estación de autobuses para poder proceder á desrratización.