A Plataforma Dereito ao Tren denuncia a eliminación da parada vespertina do AVE do tramo Ourense-Zamora en A Gudiña.
Trataríase dunha recente decisión de RENFE que prescinde da parada das 17.45 en dirección Zamora segundo os novos horarios anunciados para a campaña de Nadal.
Este cambio súmase a eliminación de ata 16 trens semanais conparada na mesma localidade.
A Plataforma solicitou unha reunión urxente co Subdelegado do Goberno e mantén un calendario de mobilizacións reclamando asemade a restitución inmediata de toda-las paradas eliminadas.

