O subdelegado do goberno defende a seguridade na provincia

O subdelegado do goberno en Ourense, Roberto Castro confirmou que non se descartan novas detencións en relación ca banda de rumanos que roubaba en Ourense.

ondacero.es

Ourense | 16.10.2013 11:47

Roberto Castro en tertulia
Roberto Castro en tertulia | onda cero

Roberto Castro afirmou nos almorzos de Onda Cero Ourense que está preocupado pola seguridade na provincia pero insistiu en que estamos entre as de menor incidencia delictiva de España. Neste senso lembrou que a garda civil fixo no primeiro semestre máis de un millón de quilometros patrullando o rural. O subdelegado recoñeceu o malestar policial pola autoria da detención do presunto autor do crime do farmacéutico de Maceda pero defendeu que a coordinación entre as forzas de seguridade está funcionando axeitadamente. O subdelegado tamén destacou hoxe que seguen as investigacións sobre o atentado contra o concello de Beade ainda que non hai novidades. Para Castro ainda que haxa un alcalde "franquista", a resposta as suas posibles provocacións foi desproporcionada e propia dun grupo terrorista. O que sí recoñeceu Castro é que o alcalde popular de Beade Senen pousa "debería retirar os símbolos franquistas da consistorial e respetar a lexislacion vixente".