Sucesos

Socorro Pérez e Adolfo Enríquez, dous crimes sen esclarecer en Ourense

Van dez anos dende o asasinato de ambos

Paco Sarria

Ourense |

Socorro Pérez e Adolfo Enríquez, dous crimes sen esclarecer en Ourense
Socorro Pérez e Adolfo Enríquez, dous crimes sen esclarecer en Ourense | wikipedia

Van 10 anos do asasinato do cura párroco da localidade de Vilanova dos Infantes e do roubo da imaxe da Virxe do Cristal e ningunha liña de investigación conducíu á garda civil a esclarecer un suceso que ainda hoxe incomoda a veciños e familiarfes do sacerdote Adolfo Enríquez.

Seu sobriño, José Manuel, pedía hoxe en Onda Cero un esforzo á UCO non soamente para esclarecer este crime senón para facelo tamén co de Socorro Pérez do que tamén hai unha década.

O asasinato do cura de Vilanova ocorría un 10 de marzo do 2015. Meses máis tarde foron detidos dous cidadáns croatas (tío e sobriño) pero nunca chegaron a ser procesados.