Transportes

Os socialistas tamén se opoñen ós recortes de servizos do AVE en A Gudiña

Afectarían tamén a zonas limítrofes de Castela-León e Portugal

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas tamén se opoñen ós recortes de servizos do AVE en A Gudiña
Os socialistas tamén se opoñen ós recortes de servizos do AVE en A Gudiña | onda cero ourense

O grupo socialista na Deputación Provincial manifestou a súa oposición ó recorte de frecuencias do AVE na estación de A Gudiña e demanda unha maior equidade territorial-

Os socialistas ourensáns rexeitan as reduccións anunciadas por Renfe para os próximos días, denunciando que a medida supón o abandono dunha bisbarra xa afectada pola diminución de servizos.

Tanto o voceiro socialista na institución provincial, Álvaro Vila, como o Alcalde de A Gudiña, Néstor Ogando, manifestaron o seu apoio a toda iniciativa institucional e veciñal que sexa realizada contra os recortes dos servizos ferroviarios.

Lembremos que a reducción de paradas do AVE pasará en A Gudiña de 9 a 6 trens diarios a partires do 9 de xuño e que afectará tamén a veciños de castela-león e norte de Portugal